|
O mundo vese diferente a tres metros de altura. Que pasou hoxe, que parece que todo o mundo tomou hormonas para medrar? Son eu o único que ten a mesma altura que onte? A producción de “Zancos Trancos” supón para “Altega - Xestión do Lecer” unha incursión no máis clásico dos números circenses. Recuperamos asemade esta ferramente utilizada tradicionalmente nas aldeas para moverse por terras lamacentas, atravesar regatos, desenvolver traballos de altura... Os zancudos percorren as rúas nos seus zancos altos. Provocando o abraio entre os espectadores, irán regalando flores, lambonadas, globos, xogos malabares... tanto a pequenos como a maiores. Ideal para acompañar a grupos musicais de rúa.
|