Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow hidroXEN arrow hidroXEN. Número 0. Efeméride.
hidroXEN. Número 0. Efeméride. Imprimir Correo-e

hidroXEN nº 0. Marzo de 2007 

Efeméride

  • 14 de marzo; ano 1879. Nace Albert Einstein en Ulm, preto de Munich, (Alemaña).

  • 15 de marzo; ano 1962. Morre- Arthur Compton, físico estadounidense, premio Nobel de Física en 1927 por descubrir e explicar o "efecto Compton".

  • 16 de marzo; 1789. Nace Georg Simon Ohm, físico alemán que descubriu a "lei de Ohm".

  • 17 de marzo; 1905. Albert Einstein, funcionario da Oficina de Patentes de Berna (Suíza) envía á revista alemana "Analen der Physik" o primeiro dos seus cinco artigos deste ano, que revolucionarían o noso coñecemento da natureza.

  • 17 de marzo; 1782. Morre Daniel Bernoulli, matemático suizo.

  • 17 de marzo; 1956. Morre Irène Joliot-Curie, química francesa, filla e nai de científicos de renome, premio Nobel de Química en 1935, polo seu descubrimento da radioactividade artificial.

  • 19 de marzo; 1987. Morre Louis-Victor de Broglie, físico francés, premio Nobel de Física en 1929 pola súa teoría da "dualidade onda-partícula".

  • 21 de marzo; ás 00:05 (hora universal) comeza a primavera no hemisferio norte e o outono no sur.

  • 24 de marzo; 1882. Robert Koch anuncia o descubrimento da bacteria responsable da tuberculose, a Mycobacterium tuberculosis, nace a microbioloxía. Recibiría o premio Nobel 23 anos despois.

  • 26 de marzo; 1954. O Dr. Jonas Salk descobre unha vacina para a poliomielite.

  • 27 de marzo; 1968. Yuri Gagarin convírtese na primeira persoa en viaxar ao espazo.

  • 31 de marzo; 1727. Morre Isaac Newton. As leis de Newton e a lei de gravitación universal son a base de gran parte do noso coñecemento actual da natureza.

  • 2 de abril; 1872. Morre Samuel Morse; inventor do telégrafo eléctrico e o código Morse. Hoxe en día son tecnoloxías hoxe obsoletas pero durante todo o século XX foron fundamentais nas comunicacións humanas.

  • 6 de abril; 1992. Morre Isaac Asimov, escritor estadounidense de orixe rusa e autor de moitos dos libros de ciencia ficción e divulgación científica máis lidos.

Descargar exemplar completo hidroXEN nº 0. Marzo de 2007 (pdf, 1,11 MB)
 
< Ant.   Seg. >