Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow hidroXEN. Número 0. A gripe de Alberto.
hidroXEN. Número 0. A gripe de Alberto. Imprimir Correo-e

hidroXEN nº 0. Marzo de 2007 

Sección: na vida de...

A gripe de Alberto 

Hai moito tempo, un neno de 12 anos estaba na cama, enfermo de gripe. Un tío de Alberto (así se chamaba o neno) de volta dunha viaxe pensou en facerlle un agasallo ao seu sobriño enfermo. Que credes que escolleu? Pois un libro. Ata aquí nada fóra do normal. Un neno enfermo e un tío que lle regala un libro, para que se entreteña na cama. O raro era que o libro que lle regalou non era un libro calquera. E logo, sería un libro de Harry Potter? Non, pois esta historia pasou hai máis de 100 anos e aínda non existía. Pois entón, puidera ter sido un libro de Jules Verne, libros de aventuras moi vendidos daquela... pois tampouco.

O libro escollido para o regalo foi un manual de "Matemática Euclídea". Como? De matemáticas euclídeas? E iso que é? Pois son esas matemáticas que se estudian, en parte, na Secundaria e no Bacharelato. Home, está ben que se estudie pero, ler un libro desa materia por vicio... Estaba ben o tío de Alberto? Por que lle fixo semellante regalo? Pois o caso é que acertou de pleno. A Alberto encantoulle aquel libro. Empezou a lelo pero dun xeito activo, facendo as demostracións matemáticas, os exercicios e exemplos que traía... como se fosen pasatempos. Incluso atopou un erro!! Si, un neno de 12 anos atopou un erro nunha demostración e anotouno na marxe do libro. "Isto está mal!! Faise así..." debeu escribir.

Non vos estranedes, pois aquel neno tampouco era moi normal. O seu nome completo era Albert Einstein. Unha década despois revolucionaría o noso xeito de entender o mundo coas súas teorías da relatividade... pero iso é outra historia.

E pensar que cando tiña 3 anos os pais o levaron ao médico crendo que era algo atrasadiño...

Albert Einstein en 1893.

Descargar exemplar completo hidroXEN nº 0. Marzo de 2007 (pdf, 1,11 MB)

 
< Ant.   Seg. >