|
hidroXEN. Número 0. Enquisa-Sorteo |
|
|
Enquisa - Sorteo
Queremos valorar os contidos que presentamos no noso Boletín, co fin de facelo realmente práctico para o voso labor docente. Podedes enviar todo tipo de suxestións e críticas (mellor construtivas) por correo electrónico. Para incentivar a vosa colaboración, realizaremos un sorteo de varios regalos entre os que enviedes a seguinte enquisa. As condicións son: Poden participar docentes galegos de secundaria e bacharelato do ensino público, concertado ou privado. Só entrarán no sorteo as enquisas correctamente cubertas, enviadas por fax, correo postal ou ao través da web. Unha enquisa por docente e exemplar de hidroXEN. Para o sorteo entre profesores, deberán enviar polo menos dúas enquisas e como moito catro (unha por boletín), de aquí a final de curso. Para o sorteo entre centros de ensino, deberemos recibir enquisas de polo menos dous docentes do mesmo centro. Entre os docentes participantes sortearemos tres exemplares do xoguete "paxaro bebedor". Entre os centros de ensino sortearemos un "Venuscope", ideal para a realización de astronomía solar. Os sorteos realizaranse nas oficinas de Altega no mes de xuño, na data e hora que se avise na web (e aos suscriptores). Os nomes dos premiados serán publicados na web e comunicarémosllo persoalmente.
|