Menu Content/Inhalt
Inicio arrow Servizos educativos arrow Actividades extraescolares arrow hidroXEN. Número 0. Ideas pedagóxicas.
hidroXEN. Número 0. Ideas pedagóxicas. Imprimir Correo-e

hidroXEN. Número 0. Marzo de 2007

Ideas pedagóxicas

Introdución

Presentamos nesta sección exclusiva da edición "html" do boletín hidroXEN varias propostas para o traballo. Atoparedes desde ideas para a reflexión, pequenas tarefas para facer na casa, problemas e aplicacións prácticas... Non son máis que ideas para aplicar na aula ou que poidan motivar outras ideas vosas. Limitámonos a relacionar as ideas para cada sección, sen clasificalas por dificultade nin por materia. Tampouco daremos as solucións pois, na maioría dos casos, tampouco as haberá. Agardamos que vos sirvan de axuda.

Humor.

  1. Explicar os conceptos que se mencionan: a selección natural, os mecanismos da evolución e a gravidade.

  2. Presentar casos reais de selección natural/evolución en especies, máis alá do exemplo humorístico da tira.

A fondo.

  1. Buscar un obxecto que todos os escolares teñan na casa (un cartón de leite, dous paquetes de pasta...). Que tomen unha medida do seu peso se teñen unha báscula na casa, indicando o tipo de aparello usado (báscula de cociña, de baño...). Comparar os resultados.

  2. Animar aos escolares a que pregunten en casa como eran as básculas no século pasado aos seus pais/nais ou, mellor aínda, aos seus avós.

  3. Que atopen un lugar onde empreguen unha "romana" (feira local, ferraxería antiga...). Que lle tiren unha foto e descubran/pregunten como funciona.

Eses tolos cacharros.

  1. Buscar en Internet que instrumentos levan a bordo as sondas espaciais Voyager e a súa utilidade.

  2. Debuxar unha escala no patio, situando no centro o Sol, que permita comparar a posición da Voyager 1 en relación á estrela máis próxima (alfa-Centauri, a 4,3 anos-luz).

  3. Explicar os conceptos de: helioesfera, heliopausa, cinto de Kuiper, nubre de Oort.

Números máxicos.

  1. Medir circunferencias e diámetros de obxectos variados e calcular os diferentes valores de pi que se obteñen.

  2. Crear unha frase ou poesía que sirma como regla mnemotécnica para aprender os decimais de pi (ata unha posición dada).

Efeméride.

  1. Buscar, ler e comentar biografías breves dos científicos que aparecen nesta sección. Unha fonte inicial para a súa busca pode ser a Wikipedia (nas súas diferentes edicións galega, española, inglesa...).

Descargar exemplar completo hidroXEN nº 0. Marzo de 2007 (pdf, 1,11 MB)
 
Seg. >