Menu Content/Inhalt
hidroXEN. Futuros números. Imprimir Correo-e

Datas

A previsión de saída para os vindeiros números é:

  • Número 0: 15 de marzo de 2007. 

  • Número 1: 9 de abril de 2007.

  • Número 2: 25 de abril de 2007.

  • Número 3: 15 de maio de 2007.

Pode haber algún pequeno atraso no caso de atoparmos dificultades á hora da maquetación dos números. Aínda así, os artigos principais irán aparecendo na web.

Os subscritores recibirán directamente o "pdf" no seu enderezo de correo electrónico de xeito completamente gratuíto. Os centros de ensino recibirán un aviso de que xa está dispoñible para a súa descarga o novo exemplar.

Seccións futuras.

Entre outras, contamos con ir presentando as seguintes seccións (sempre que o tempo e o espazo do boletín o permitan):

 

  • fotoXperimenta: experimentos espectaculares para facer na casa ou na aula, explicados paso a paso con fotografías.

  • Mirando ao ceo: efeméride de astronomía, con explicacións dos obxectos visibles no ceo sen necesidade de telescopios.

  • Mala ciencia: exemplos de ideas científicas equivocadas, coas súas explicacións correctas.

  • Consultorio: espazo para resolver a túa dúbida científica.

  • Reseñas de web, libros e películas, onde ampliar contidos e coñecementos.

  • Convocatorias: premios, concursos, bolsas... dirixidos a docentes e a escolares.

  • Pasatempos científicos.

  • En breve: noticias breves de actualidade científica, cos últimos descubrimentos, achádegos...

  • Entrevista con... científicos de aquí. Buscando que expliquen claramente as razóns da súa investigación e os valores da ciencia.

  • Reportaxe I+D+i: o que se investiga en... departamentos universitarios, centros tecnolóxicos...

  • Ciencia en... aplicacións científicas insospeitadas ou como usar obxectos cotíans para explicar temas de ciencia.

 

 
< Ant.   Seg. >