|
hidroXEN. Futuros números. |
|
|
DatasA previsión de saída para os vindeiros números é: Número 0: 15 de marzo de 2007. Número 1: 9 de abril de 2007. Número 2: 25 de abril de 2007. Número 3: 15 de maio de 2007.
Pode haber algún pequeno atraso no caso de atoparmos dificultades á hora da maquetación dos números. Aínda así, os artigos principais irán aparecendo na web. Os subscritores recibirán directamente o "pdf" no seu enderezo de correo electrónico de xeito completamente gratuíto. Os centros de ensino recibirán un aviso de que xa está dispoñible para a súa descarga o novo exemplar. Seccións futuras.Entre outras, contamos con ir presentando as seguintes seccións (sempre que o tempo e o espazo do boletín o permitan): fotoXperimenta: experimentos espectaculares para facer na casa ou na aula, explicados paso a paso con fotografías. Mirando ao ceo: efeméride de astronomía, con explicacións dos obxectos visibles no ceo sen necesidade de telescopios. Mala ciencia: exemplos de ideas científicas equivocadas, coas súas explicacións correctas. Consultorio: espazo para resolver a túa dúbida científica. Reseñas de web, libros e películas, onde ampliar contidos e coñecementos. Convocatorias: premios, concursos, bolsas... dirixidos a docentes e a escolares. Pasatempos científicos. En breve: noticias breves de actualidade científica, cos últimos descubrimentos, achádegos... Entrevista con... científicos de aquí. Buscando que expliquen claramente as razóns da súa investigación e os valores da ciencia. Reportaxe I+D+i: o que se investiga en... departamentos universitarios, centros tecnolóxicos... Ciencia en... aplicacións científicas insospeitadas ou como usar obxectos cotíans para explicar temas de ciencia.
|