Menu Content/Inhalt
Inicio
Naturalmente Galiza: a herdanza romana Imprimir Correo-e

A Herdanza Romana: un percorrido pola media montaña galega, coñecendo algúns dos elementos da cultura romana mellor conservados no noso país. Guiados por monitores expertos en animación e medio ambiente, descubriremos os elementos naturais, patrimoniais, culturais e artísticos das Terras de Trives.

Esta ruta pertence ao programa Naturalmente Galiza da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Nesta información que che damos, podes ver:

  • Mapa para chegar ao punto de encontro (aparcadoiro da Fundación Comarcal Terras de Trives). Desde alí subiremos todos xuntos ata as instalacións de MEISA (Estación Invernal de Manzaneda).

  • Como chegar. Ollo, os tempos que indicamos de viaxe só son estimativos. Non teñades ningunha presa por chegar. Se vedes que vos atrasades moito, chamade ou enviade SMS avisando:

    • Desde A Coruña, Santiago de Compostela e lugares da zona: ir ata Ourense. Na baixada cara a cidade, pola estrada N-525, xusto antes de entrar coller o desvío sinalado como "Desvío por obras: Vigo, Madrid, Monforte". Cruzaredes o río Miño por riba da presa e o encoro de Velle. A partir de aquí, seguir sempre as indicacións en sinais que poñen "Terras de Trives". Deste xeito, entrades na cidade xusto por onde está o Campus, eludindo todo o centro urbano. Desde Ourense contade cunha hora de viaxe ata o punto de encontro, aprox.

    • Desde Vigo, Pontevedra e lugares da zona. Supoñendo que viredes pola Autovía A-52, coller a segunda saída que pon "Ourense centro" (ollo se levades navegadores, que é unha saída nova). Unha vez na cidade, podedes seguir ou preguntar por calquera das seguintes indicacións: "Terras de Trives", Campus universitario ou similares. Desde Ourense contade cunha hora de viaxe ata o punto de encontro, aprox.

    • Desde Lugo e lugares próximos. O máis cómodo é chegar ata Monforte de Lemos e, unha vez alí, atravesar en dirección a Castro Caldelas pola estrada LU-903 e OU-903. Estrada moi bonita (é dicir, ide amodo que non está para moitas carreiras). En Castro Caldelas entroncades directamente na OU-536 que colleredes en dirección á Pobra de Trives. Tempo de viaxe desde Castro Caldelas, uns 20-25 minutos ata o punto de encontro.

    • Desde Ourense (cidade): saír pola estrada OU-536 (ollo, que nalgures pode estar indicada aínda como N-536) en dirección ás Terras de Trives ou A Pobra de Trives. Desde outros lugares da provincia, se tedes dúbidas, consultádenos directamente.

  • Horario de actividades:

    • O venres: cea no restaurante de MEISA. Presentación de actividades e astronomía (no caso de estar mal tempo e non se poida facer no exterior, planetario virtual).

    • O sábado: colleremos un autobús que nos levará todo o día. Os punto de interese serán: ruta dos Biocos (minas romanas de ouro a ceo aberto), ruta dos Sequeiros, castiñeiro de Pumbariños (monumento natural), museo de Santa Leonor en Trives, ponte romana do Bibei, vila de Manzaneda e moito máis.

    • O domingo: deporte aventura no complexo de Manzaneda; hípica e rocódromo.

  • En caso de choiva, as actividades desenvolveranse igual, con lixeiras adaptacións según o estado real das condicións meteorolóxicas. Traede impermeable!

  • Materiais e normas para esta ruta. Os materiais son os indicados no folleto do programa "Naturalmente Galicia". Repasaremos as normas de convivencia o primeiro día.

 
< Ant.   Seg. >