YOOtheme
Campamentos PDF Imprimir Correo-e

Os campamentos de verán posibilitan a creación dun espazo de educación, intercambio e experiencia fundamental no desenvolvemento de nenos/as e adolescentes. Nos campamentos de verán apréndese a convivir nun ambiente afastado do entrono familiar cotiá. Melloramos así o proceso natural de maduración do ser humano, mediante unha axeitada programación de activididades lúdicas que non esquecen a educación en valores.

Asemade, a organización de campamentos de verán permítelle ás institucións transmitir unha imaxe de preocupación e compromiso coa súa mocidade. Cada vez son máis as institucións locais e os centros de ensino que ofertan estas actividades. Deste xeito, contribúen a potenciar unha oferta pública sempre escas.


Aquí é onde os concellos (no caso de seren os convocatnes), ao ser a administración máis achegada ás necesidades dos cidadáns, teñen unha oportunidade ideal para satisfacer as súas demandas. Asumindo unha parte do custe dos campamentos facilitan que calquera cidadán poida gozar destas actividades.


Ésta é unha das razóns de ser de ALTEGA, empresa de servicios con ampla experiencia na educación e no tempo libre. Nos nosos campamentos desenvolvemos moitos dos valores presentes no noso proxecto educativo. Coa súa programación:

  • a súa entidade ofrece unha alternativa de lecer e de calidade para a infancia durante o verán.
  • pais e nais poden ver como os seus fillos reciben unha alternativa lúdica e saudable para o seu tempo libre, complementaria da educación formal.

ALTEGA organiza campamentos en diversas localidades da nosa comunidade autónoma. A nosa ampla oferta cobre as posibles demandas de calquera peticionario. Ademais, sempre ten a posibilidade de que adaptemos os nosos servicios ás súas necesidades específicas.


ALTEGA responsabilízase de tódolos aspectos legais, económicos, fiscais e laborais destas actividades educativas; liberando ós concellos da realización destes trámites.

Obxectivos

O obxectivo principal dos nosos campamentos de verán e a procura dun espazo educativo onde os rapaces e as rapazas:

  • entrar en contacto coa natureza dun xeito creativo.

  • crear unha rede de relacións sociais con iguais.

  • tomar conciencia do valor das actitudes saudables na súa vida.

  • desenvolver capacidades alternativas da súa propia personalidade.

  • desenvolver actitudes positivas para o aproveitamento do seu tempo de lecer.

Actividades

O campamento pode ter unha temática común que o faga máis atraínte aos participantes. Ademais, na programación final terase en conta as suxestións do persoal municipal, atendendo ás áreas específicas que se prefiran potenciar.

A programación definitiva entregarase un mes antes do inicio do campamento, para a súa validación polos servicios técnicos do concello.

Entre as diferentes actividades propostas estarán as seguintes:

  • Actividades na natureza: marchas e sendeirismo, obradoiros de natureza, rastrexo e orientación, observación de fauna e flora.

  • Actividades de socialización: deportes alternativos, festas, xogos cooperativos, xogos de simulación, excursións, traballo en pequenos grupos...

  • Actividades de educación para a vida: alimentación san, deportes de esforzo, obradoiro de relaxación e masaxe, obradoiros de respiración...

  • Actividades de creación: obradoiros de manualidades (papiroflexia, colares, pulseiras, caretas, monicreques, botellas de sal...), teatro, veladas.

  • Actividades nocturnas: lume de campamento, veladas, noite de contos, xogo dos vagalumes, observación de estrelas, festa de despedida.

  • Excursións: visita ás cidades prosimas, realizando unha excursión polos seus valores monumentais dun xeito lúdico e divertido.

  • Actividades etnográficas: a fornada de pan, o tear de liño, horta escola e outras tarefas agrícolas tradicionais.