YOOtheme
Actividades e xogos de aventura PDF Imprimir Correo-e

Organización de carreiras de orientación (mapas e compás), xeocaching (GPS), escalada en rocha ao aire libre, astronomía.

Esta actividade mestura unha nova forma de descubrir novos lugares de interese turístico, dun xeito lúdico á vez que se potencia a conservación da natureza.

Con esta actividade pretendemos compartir unha nova forma de xogar, o mesmo tempo, que aprendemos técnicas de orientación é navegación.

 

As actividades de aventura e orientación recórdanos a o xogo da busca do tesouro. Con axuda dunhas coordenadas subministradas, e axuda dunha compás un mapa e un GPS, iremos seguindo un rastro de pistas ata atopar un tesouro agochado.

 

Con esta actividade aprenderemos a interpretar planos e mapas; a levar unhas coordenadas a un plano e a obter as coordenadas dun plano para introducilas no GPS; é dicir, as técnicas básicas para poder movernos nun ambiente urbano ou mais “salvaxe”. O final da actividade consistirá nun desafío por equipos onde cada equipo terá que establecer as estratexias necesarias para atopar nun tempo determinado o maior número de enigmas que permiten chegar ata o tesouro.