Estudios previos e avaliación continua dos obxectivos.
As opcións que lle presentamos son varias e diferentes, co fin de acomodarnos ás súas necesidades reais. Ordenámolas de maior a menor implicación da nosa empresa.
-
OPCIÓN CERO: creación de proxecto educativo ou de actividades, documentación, folletos, idear rutas, equipamento lúdico/educativo... Dirixido a: instalacións de recente construción pero sen uso, instalacións en proxecto e aquelas que queiran iniciar unha nova etapa.
-
OPCIÓN XESTIÓN INTEGRAL: crearemos os programas educativos precisos, seguindo as súas directrices ou avaliando as posibilididades do centro co noso persoal. Crearemos paquetes en conxunto e os ofertaremos a todo tipo de clientes (colexios, grupos, turistas...). Nós encargámonos das actividades, monitorado... vostedes do demais (comidas, aloxamento, limpeza...). Dirixido a: centros e instalacións que sen persoal educativo propio.
-
OPCIÓN XESTIÓN PARCIAL: creación de paquetes lúdicos, turísticos ou educativos propios, xunto cos que xa oferte o seu centro co persoal de seu. Dirixido a: centros que queiran ampliar o número de visitas incluíndo outros productos con persoal externo.
-
OPCIÓN COMPARTIDA: necesidades puntuais de persoal para atender a grupos moi numerosos ou en periodo vacacional do seu propio persoal. Os nosos monitores axudaranlle a complementar a súa oferta de actividades actual. Dirixido a: centros con persoal educativo pero que precisen reforzo en situacións puntuais.
|