YOOtheme
Os Biocos PDF Imprimir Correo-e

O albergue dos Biocos situado no lugar do Senreiro, no concello de San Xóan de Río (Ourense), nas inmediacións das antigas instalacións de DECCA Navigator, a carón da primeira Paisaxe Natural Protexida de Galicia, na comarca das Terras de Trives, entre a Serra de Castrelo e o monte Cerengo, a 1005 metros de altitude.

Nunha situación privilexiada a carón dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas.

Para o teu aloxamento contamos con:
  • Apartamentos con cuartos dobres, salón, cociña e baño compartido.
  • Apartamentos adaptados a persoas discapacidadas.
  • Habitacións con liteiras múltiples de distinta capacidade (de 6 a 20 prazas).
  • Acceso wi-fi a Internet
Habitación dos apartamentos Habitación liteiras Exposicións permanentes

Para o teu entretemento:

  • Casa dos Amigos sala para actividades e xogos
  • Casa da Ciencia laboratorio científico
  • Casa das Estrelas observatorio astronómico
  • Aula da Natureza observatorio medioambiental
  • Bicicletas BTT
  • GPS
  • Mesa pin-pon
Aula da Natureza Casa da Ciencia Casa dos Amigos
Casa das estrelas Observatorio astronómico. Explicación das observacións

Servizos:

  • Servizo de hostalería propio
  • Servizo médico preto (apenas 3 kilómetros)
  • Servizo de lavandería
  • Acceso gratuito a internet

 

Comedor autoservicio Comedor Sala de rede