|
O albergue dos Biocos situado no lugar do Senreiro, no concello de San Xóan de Río (Ourense), nas inmediacións das antigas instalacións de DECCA Navigator, a carón da primeira Paisaxe Natural Protexida de Galicia, na comarca das Terras de Trives, entre a Serra de Castrelo e o monte Cerengo, a 1005 metros de altitude.
Nunha situación privilexiada a carón dunha chea de recursos naturais e de testemuñas arqueolóxicas.
Para o teu aloxamento contamos con:
- Apartamentos con cuartos dobres, salón, cociña e baño compartido.
- Apartamentos adaptados a persoas discapacidadas.
- Habitacións con liteiras múltiples de distinta capacidade (de 6 a 20 prazas).
- Acceso wi-fi a Internet
Para o teu entretemento:
- Casa dos Amigos sala para actividades e xogos
- Casa da Ciencia laboratorio científico
- Casa das Estrelas observatorio astronómico
- Aula da Natureza observatorio medioambiental
- Bicicletas BTT
- GPS
- Mesa pin-pon
Servizos:
- Servizo de hostalería propio
- Servizo médico preto (apenas 3 kilómetros)
- Servizo de lavandería
- Acceso gratuito a internet
|