| A bruxiña sen vasoira |
|
|
|
|
Unha aposta pola tradición oral. Sesión de contos clásicos para público infantil. A bruxiña tratará de pór a funcionar novamente a súa vasoira grazas á ilusión e aos sorrisos das persoas asistentes. Contos de onte e hoxe, onde nen@s e maiores colaboran nas historias con improvisadas e ricas aportacións. Autores como os Irmáns Grimm, Perrault, Andersen... e tamén contos populares galegos e de creación propia sairán da maleta desta viaxeira incansable que é a nosa pequena meiga. Se os nenos/as gozan das súas historias, a bruxiña poderá proseguir a súa andaina polo mundo adiante. |






