ExpoMeteoro e Faite meteorólogo

Son Actividadmeteoimaxees Itinerantes financiadas polo programa Diverciencia e organizadas por Meteogalicia – Diverciencia.

Trátase dunha actividade deseñada para escolares de bacharelato e segundo ciclo da ESO. As datas programadas serán desde as dúas ultimas semanas de outubro ata o 20 de novembro. A prioridade para a escolla das datas virá definida pola orde de inscripción dos centros interesados.

Trátase dunha actividade pensada para bacharelato e segundo ciclo da ESO.

 

  • ExpoMeteoro, é unha exposición itinerante en formato roller (automontable) sobre a meteoroloxía e a relación desta disciplina científica coa nosa sociedade, tocando conceptos linguísticos, sociais, físicos, químicos, matemáticos, explicacións de fenómenos atmosféricos e das súas consecuencias, curiosidades históricas...

  • Faite Meteorólogo é unha actividade duns 50 minutos de duración guiada por monitores especialistas en divulgación científica que achegarán os conceptos citados para ExpoMeteoro, dun xeito moi doado de comprender. Incluíndo experimentos moi visuais que complementan a explicación dos fenómenos atmosféricos a tratar.

ExpoMeteoro e Faite Meteorólogo son dous productos diferenciados, que poden solicitarse conxuntamente pero tamén por separado. Ao estar subvencionadas estas actividades resultan completamente gratuítas para os centros de ensino participantes.

Reserva