Nadal de estrelas en Ourense

Volantinas do proxecto Nadal de estrelas Programa de astronomía urbana a desenvolver na cidade de Ourense, co gallo destas festas do nadal. Aproveitamos así para pechar o Ano Internacional da Astronomía 2009 na nosa cidade. A actividade, promovida polo Concello de Ourense - Concellaría de Xuventude , pretende:

  • Promover novas formas de lecer educativo entre a mocidade.

  • Posibilitar que os mozos/as e resto de poboación teña a experiencia de ollar a Lúa e Xúpiter por telescopio.

  • Sensibilizar á poboación contra a contaminación lumínica.

Os lugares escollidos non son os mellores para observar o ceo. Antes ben, foron seleccionados por seren de paso obrigado de moita xente:

  • 18 de decembro, na Praza Maior.

  • 19 de decembro, na Ponte Vella.

  • 20 de decembro, barrio do Couto.

  • 21 de decembro, Xardín do Posío. (Adíase polo mal tempo)

  • 22 de decembro, Parque de San Lázaro. (Adíase polo mal tempo)

Achégate para observar polos nosos telescopios. Tamén podes traer o teu. Consulta o programa de actividades; na segunda páxina contas cunha constelación para descubrir no ceo.

Varios dos días da actividade contaremos coa presenza de socios de asociacións astronómicas de afeccionados, cos que poderás contactar e interesarte polas súas actividades. Así, estarán: