Mago José Rivera

Introdución

Tras ver a “luz máxica” nun espectáculo do gran Tamariz, foi introducido neste mundo na Escuela Mágica de Madrid. Xa en Ourense, hoxe é presidente do Círculo Máxico Auriense (afiliada á Sociedade Española de Ilusionismo).

Espectáculos

Fume e espellos

Axudado unhas veces polo seu compañeiro de escena (un tanto especial) Vernon, outras polo coelliño máxico ou polo furón peludo, desenvolverá xogos de maxia propios e outros inspirados na mellor tradición. Adivinación, mentalismo, xogos de mans, cartas, maxia de escena... con ecos a mestres como Tamariz ou Pepe Carrol. Todo adobiado cun sentido do humor válido tanto para cativos como para adultos. Xogos coloridos e maxia moi actual. En calquera momento unha labarada de lume ou un estoupido atrapará ao espectador no seu espectáculo ata o final, inesperado e abraiante, que pode ser un breve conto cheo de sorpresas para os máis cativos ou un efecto máxico.

Extremaxicamente preto

O espectador sentado na mesa do mago pode tocar, ver e participar en todo momento dos diferentes xogos do mago nos que empregará unicamente as súas mans no manexo de moedas e cartas. Os xogos de baralla do Mago José Rivera farán crear ao espectador que algo máxico está pasando. Figuras que aparecen e desaparecen cartas que son acertadas, movementos imposibles e todo a unha cuarta de distancia do espectador.

A participación do público moi próxima é importante. O espectador implícase persoalmente xa que o contacto co mago e máis directo.

DATOS TÉCNICOS 

Necesidades

  • Unha toma de corrente de 220 V e un escenario ou tarima algo elevada, no caso de ser un espectáculo de escena.
  • A contratación deste espectáculo inclúe o equipo de son.

Duración

Unha hora de actuación. Dependendo da colaboración do público pode prolongarse un chisco. No caso de maxia de preto, a duración será maior. 


Contacto

  • web : http://www.joserivera.es/ 
  • Telf: 664 467 081
  • Email: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver