|
Naturalmente Galiza: a herdanza romana |
A Herdanza Romana: un percorrido pola media montaña galega, coñecendo algúns dos elementos da cultura romana mellor conservados no noso país. Guiados por monitores expertos en animación e medio ambiente, descubriremos os elementos naturais, patrimoniais, culturais e artísticos das Terras de Trives. Esta ruta pertence ao programa Naturalmente Galiza da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Nesta información que che damos, podes ver: Mapa para chegar ao punto de encontro (aparcadoiro da Fundación Comarcal Terras de Trives). Desde alí subiremos todos xuntos ata as instalacións de MEISA (Estación Invernal de Manzaneda). Como chegar. Ollo, os tempos que indicamos de viaxe só son estimativos. Non teñades ningunha presa por chegar. Se vedes que vos atrasades moito, chamade ou enviade SMS avisando:
Desde A Coruña, Santiago de Compostela e lugares da zona: ir ata Ourense. Na baixada cara a cidade, pola estrada N-525, xusto antes de entrar coller o desvío sinalado como "Desvío por obras: Vigo, Madrid, Monforte". Cruzaredes o río Miño por riba da presa e o encoro de Velle. A partir de aquí, seguir sempre as indicacións en sinais que poñen "Terras de Trives". Deste xeito, entrades na cidade xusto por onde está o Campus, eludindo todo o centro urbano. Desde Ourense contade cunha hora de viaxe ata o punto de encontro, aprox. Desde Vigo, Pontevedra e lugares da zona. Supoñendo que viredes pola Autovía A-52, coller a segunda saída que pon "Ourense centro" (ollo se levades navegadores, que é unha saída nova). Unha vez na cidade, podedes seguir ou preguntar por calquera das seguintes indicacións: "Terras de Trives", Campus universitario ou similares. Desde Ourense contade cunha hora de viaxe ata o punto de encontro, aprox. Desde Lugo e lugares próximos. O máis cómodo é chegar ata Monforte de Lemos e, unha vez alí, atravesar en dirección a Castro Caldelas pola estrada LU-903 e OU-903. Estrada moi bonita (é dicir, ide amodo que non está para moitas carreiras). En Castro Caldelas entroncades directamente na OU-536 que colleredes en dirección á Pobra de Trives. Tempo de viaxe desde Castro Caldelas, uns 20-25 minutos ata o punto de encontro. Desde Ourense (cidade): saír pola estrada OU-536 (ollo, que nalgures pode estar indicada aínda como N-536) en dirección ás Terras de Trives ou A Pobra de Trives. Desde outros lugares da provincia, se tedes dúbidas, consultádenos directamente.
Horario de actividades: O venres: cea no restaurante de MEISA. Presentación de actividades e astronomía (no caso de estar mal tempo e non se poida facer no exterior, planetario virtual). O sábado: colleremos un autobús que nos levará todo o día. Os punto de interese serán: ruta dos Biocos (minas romanas de ouro a ceo aberto), ruta dos Sequeiros, castiñeiro de Pumbariños (monumento natural), museo de Santa Leonor en Trives, ponte romana do Bibei, vila de Manzaneda e moito máis. O domingo: deporte aventura no complexo de Manzaneda; hípica e rocódromo.
En caso de choiva, as actividades desenvolveranse igual, con lixeiras adaptacións según o estado real das condicións meteorolóxicas. Traede impermeable! Materiais e normas para esta ruta. Os materiais son os indicados no folleto do programa "Naturalmente Galicia". Repasaremos as normas de convivencia o primeiro día.
|