Tecno-ciencia

NOVIDADE

Creado para o Cis-Galicia, ofrecemos aos centros de Ferrol e comarca un espazo de ciencia completamente gratuíto destinado especialmente ao ensino secundario. Un proxecto con formato de "feira de ciencias" onde aprender a importancia das diferentes aplicacións da ciencia, en especial de materiais, enerxía e os seus usos, aplicacións matemáticas cotiás, novas formas de ver o mundo.

Consta de cinco módulos didácticos, cada un deles cun panel e obradoiros relacionados desenvolvidos por monitores especializados. É unha actividade similar a: www.ruadaciencia.org. Servirá como ferramenta complementaria para o traballo dos profesores na aula, podendo adaptarse a diferentes niveis. A montaxe e desmontaxe, monitorado e demais corre por conta de CIS Galicia, ao través do noso persoal.

Os cinco módulos didácticos son:

MÓDULOS

  1. Buscando..., conceptos tales como: algoritmos, clasificación da información, bases de datos e a importancia dos números primos.

  2. Mundo plástico. Orixe, usos, características e propiedades deste tipo de materiais. Con obradoiros que axudan a comprender mellor o concepto da memoria dos plásticos, a súa natureza orgánica, a súa formación e propiedades

  3. Como a vida real.  O mundo das realidades virtuais, a visión estereoscópica e os anáglifos, os procesos cerebrais relacionados coa visión... Todo isto o completado con xogos de ilusións ópticas e estereoscopías.

  4. MarEar. As diversas fontes de enerxía que nos proporciona o mar, os usos tradicionais das mesmas e os proxectos de futuro.

  5. Eu Robot. Os primeiros autómatas e robots, os seus principios de funcionamento, as bases da hidráulica e pneumática. Completamos este panel cuns robots autodirixibles que funcionan ca axuda dun código binario programable dun xeito moi sinxelo e con distintas mostras de brazos hidráulicos.

 

REQUISITOS

  • Contar cun espazo suficiente para albergar as montaxes. (aula grande, vestíbulo amplo..)

  • Cubrir o formulario que aparece na ligazón que enviamos: INSCRICIÓN EN TECNO-CIENCIA .